O pleno do Concello de Sober, na sesión ordinaria do 26 de setembro de 2013 aprobou por unanimidade a celebración dunha homenaxe institucional ás vítimas do Franquismo en Sober, que finalmente foi fixada para o 25 de outubro.
O acordo adoptouse pola presentación dunha moción que solicitaba un recoñecemento explícito das vítimas da represión no Concello, moción que pode consultarse aquí.
Este blogue é unha iniciativa persoal de Paula Vázquez Verao, como concelleira non adscita que presentou a moción, en apoio ao acordo adoptado polo pleno de Sober de acordar unha homenaxe institucional ás vítimas do Franquismo en Sober. Colaboraron como equipa de traballo para a definición dos actos desta homenaxe Julia Fernández Garza, Paula Vázquez Verao e José Antonio Cardelle. Tamén colaboran integrantes da asociación cultural O Colado do Vento.