Felipe Jácome Pérez, concelleiro detido

Felipe Jácome Pérez, labrego, foi concelleiro de elección popular en 1931, foi detido sen procedemento xudicial. Tamén foi concelleiro da Fronte Popular en 1936.

Cóntanos J. A. Cardelle que era coñecido como “Portobrosmos”, polo que supoñemos que era deste lugar de Pinol.

Estivo detido gubernativamente no cárcere de Monforte dende o 07/11/1937 deica o 20/04/1938.

José María Feijoo Rodríguez, concelleiro encarcelado

José María Feijoo Rodríguez era un labrego afiliado ao PSOE e á UGT que foi concelleiro de elección popular no 31 e da Fronte Popular no 36 e Presidente da Sociedade de Labregos e Oficios Varios de Gundivós, así como vogal do Sindicato de Obreros Mineros de Lugo en 1930.

Xulgado por auxilio á rebelión, foi condenado a prisión temporal.

Foi detido en setembro de 1941, polo que supoñemos que pode ser unha das persoas fugadas que lembra a xente de Gundivós. De Gundivós, lembran que detiñan, a xeito de reféns, a familiares de escapados para presionalos para que se entregasen. De feito, as súas irmás foron represaliadas. Este foi un mecanismo represivo común na provincia de Lugo, segundo refire Mª Jesús Souto.

Fontes: aquí; testemuños orais; María Jesús Souto Blanco; J. A. Cardelle.

J. A. Cardelle dinos que segundo o Libro Registro de Expedientes de Responsabilidades Políticas do Xulgado de Monforte de Lemos, incoóuselle o expediente 1/42 el 2 de novembro de 12942, sendo sobreseído por auto de 10 de outubro de 1943 e elevado á Audiencia o 15 de novembro de 1943 composto de 175 folios.

José María Gayoso de la Fuente, alcalde de Sober en 1931, dirixente do centro comunista de Doade

José María Gayoso de la Fuente, labrego, foi xulgado por rebelión militar, con resultado de sobreseemento provisional.

Fora alcalde do municipio por elección popular en 1931.

Fontes: María Jesús Souto Blanco e Nomes e Voces.

José Antonio Cardelle indícanos que foi, ademais, dirixente do centro comunista de Doade e trasládanos o seu historial xudicial. Foi procesado por tenencia de armas de fogo e malversación de caudais, finalmente absolto.

Continue reading