Natural de Proendos, O Garavís morreu no asalto ao Centro Obreiro de Sober por parte de forzas falanxistas e da Garda Civil o 26 de xullo de 1936.
Fonte:
– Nomes e Voces.
Natural de Proendos, O Garavís morreu no asalto ao Centro Obreiro de Sober por parte de forzas falanxistas e da Garda Civil o 26 de xullo de 1936.
Fonte:
– Nomes e Voces.
Labrego de Proendos xulgado en Lugo “por rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa”.
Estivo tempo agochado. Un cuñado levouno nun mangado de palla para poder ir a unha matanza.
Fontes:
– Nomes e Voces.
– Testemuños orais.
Rapaz de 18 anos condenado por auxilio á rebelión a 12 anos de cadea.
Natural de Proendos, estivo ingresado no cárcere de Vitoria.
Fonte: Nomes e Voces e datos aportados por J. A. Cardelle.
Un dos crimes franquistas máis lembrados polas xentes de Sober foi a execución de Daniel Álvarez Carnero, coñecido como “Pepe de Villastrille” e lembrado coma unha excelente persoa. A súa execución é lembrada con gran estupefacción.
Veciño de Proendos, do lugar de Villastrille, foi concelleiro do PSOE e tenente de alcalde coa corporación municipal de 1936. En xullo foi elixido alcalde gubernativamente.
Foi xulgado por rebelión militar, por organizar partidas armadas, e condenado a morte, sendo executado en Lugo o 29 de decembro de 1936. Pasou polas prisións de Monforte e de Lugo dende o 4 de agosto de 1936.
Enterraron o seu corpo nun nicho en Lugo grazas á amizade dun militar, pero o seu corpo foi perdido cando o cemiterio desapareceu, no lugar que hoxe ocupa o Gran Hotel de Lugo.
“Pepe de Villastrille”, socialista, exemplo dunha morte lembrada como “inxusta” polo pobo – como se non o foran todas elas! – e sobre a que non calou o relato oficial do Franquismo. As xentes de Sober, maioritariamente, nunca xustificaron este asasinato nin comentaron eso de que “que ía facer, meteuse en política”.
Na súa derradeira carta, na véspera do fusilamento, a tinta está semiborrada polas bágoas.
Fontes:
– Nomes e Voces.
– SOUTO BLANCO, Mª JESÚS; La Represión Franquista en la Provincia de Lugo.
– Testemuños orais.
– J. A. Cardelle.
Un home de Francos de Proendos, xa finado, contounos en 2006 a seguinte historia sobre a represión.
O entrevistado lembraba que no Concello gobernaban “os socialistas”. “Daquela, era coma agora, había eleccións”.
Logo do “alzamento”, un home de Proendos estaba a “botar un pito” na Grila (lugar de Francos de Proendos). A Garda Civil achegóuselle e exclamou: “¡Viva España!” (ou “¡Arriba España”).
O home que fumaba rosmou algo polo baixo, así que, a Garda Civil, apuntándolle coas armas, inquiriu:
– “Repita: ¡Viva España!”.
O home respondeu:
– “¡Viva el comunismo!”.
Ante esto, os axentes da Garda Civil abatírono a disparos.
A xente do lugar, entre eles o entrevistado, tiveron que facerlle garda ao cadáver “ata o día seguinte”. O entrevistado di que el era un rapaz, de 14 anos, máis ou menos, aínda que non lembra ben.
A foto é do camiño entre o Cima do Lugar e A Grila, ambos lugares de Francos de Proendos.
O entrevistado fixo referencias a outras historias do lugar de Francos de Proendos, recollidas tamén doutras persoas: o disparo ao cura da parroquia, a historia dun veciño que estivo nun campo de concentración e a como outro veciño agochou ao seu cuñado, ao que perseguían, nun mangado de palla e o levou a outro lugar.
De Proendos, refire María Jesús Souto Blanco dúas mortes extraxudiciais no ano 1936 (Antonio Arias Álvarez e José González Conde, este último morto no asalto ao Centro Obreiro de Sober por falanxistas e militares). Tamén se rexistra o asasinato de Jesús Rodríguez Rodríguez por “disparo de arma de fuego” pola Garda Civil o 24 de abril de 1938 nalgún lugar de Sober, que podería ser a persoa á que se refire este relato.