Arturo Castro López, pintor, foi xulgado por rebelión militar e condenado a cadea perpetua.
Estivo recluído nos cárceres de Monforte e Lugo, dende o 15/10/1936.
Parece que faleceu por causa do maltrato. Morreu no hospital de Lugo, oficialmente por gastritis, o 7/05/1938.
Era directivo da UGT: vicesecretario da Sociedad de Obreros de Cerámica de Canabal, en 1932.
Veciño da parroquia de Vilaescura.
Fonte:
– Carlos F. Velasco Souto.
– María Jesús Souto Blanco: ficha “Memoria Histórica Lugo” aquí.