Daniel Álvarez Carnero, “Pepe de Villastrille”, executado

$2240-0002-0001_jos___alvarez_1Un dos crimes franquistas máis lembrados polas xentes de Sober foi a execución de Daniel Álvarez Carnero, coñecido como “Pepe de Villastrille” e lembrado coma unha excelente persoa. A súa execución é lembrada con gran estupefacción.

Veciño de Proendos, do lugar de Villastrille, foi concelleiro do PSOE e tenente de alcalde coa corporación municipal de 1936. En xullo foi elixido alcalde gubernativamente.

Foi xulgado por rebelión militar, por organizar partidas armadas, e condenado a morte, sendo executado en Lugo o 29 de decembro de 1936. Pasou polas prisións de Monforte e de Lugo dende o 4 de agosto de 1936.

Enterraron o seu corpo nun nicho en Lugo grazas á amizade dun militar, pero o seu corpo foi perdido cando o cemiterio desapareceu, no lugar que hoxe ocupa o Gran Hotel de Lugo.

“Pepe de Villastrille”, socialista, exemplo dunha morte lembrada como “inxusta” polo pobo – como se non o foran todas elas! – e sobre a que non calou o relato oficial do Franquismo. As xentes de Sober, maioritariamente, nunca xustificaron este asasinato nin comentaron eso de que “que ía facer, meteuse en política”.

Na súa derradeira carta, na véspera do fusilamento, a tinta está semiborrada polas bágoas.

 

Fontes:

– Nomes e Voces.

– SOUTO BLANCO, Mª JESÚS; La Represión Franquista en la Provincia de Lugo.

– Testemuños orais.

– J. A. Cardelle.

Memoria Histórica, Concello de Lugo.

Manuel Gutiérrez Fernández, executado

Manuel Gutiérrez Fernández, carpinteiro, presidente da agrupación socialista local de Sober, foi executado en Lugo aos 58 anos.

Foi xulgado por rebelión militar e condenado a morte por rebelión militar, executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 7 de outubro de 1936.

Era natural de León.

[Nomes e Voces]