Natural de Proendos, O Garavís morreu no asalto ao Centro Obreiro de Sober por parte de forzas falanxistas e da Garda Civil o 26 de xullo de 1936.
Fonte:
– Nomes e Voces.
Natural de Proendos, O Garavís morreu no asalto ao Centro Obreiro de Sober por parte de forzas falanxistas e da Garda Civil o 26 de xullo de 1936.
Fonte:
– Nomes e Voces.
Zapateiro de 23 anos, natural de Doade, é unha das persoas que participou na expedición armada que saíu para Lugo para defender a capital dos golpistas o 19 de xullo de 1936.
Foi morto por disparo da Garda Civil cando regresaba co resto de expedicionarios de Lugo, o 20 de xullo, logo de ser declarado o Estado de Guerra na Provincia. A morte produciuse ao pasar polo cuartel da Pobra de San Xillao, Láncara, onde a Garda Civil interceptou a expedición.
A súa defunción foi inscrita no Rexistro Civil de Sarria, con data de 21 de agosto de 1936, un mes despois de sucedida (20 de xullo de 1936).
Está enterrado no cemiterio de Sarria.
– Fontes:
– Información de J. A. Cardelle.