Máis datos sobre María Vázquez Suárez e sobre os tempos da guerra en Vilaescura: unha xornada de recollida coa súa afillada

María Vázquez vestida con traxe típico.

María Vázquez vestida con traxe típico.

* Hoxe acompañamos a Montse Fajardo a visitar a María Victoria Vázquez Aguirre, que foi afillada de María Vázquez Suárez, a mestra de Miño – de familia de Vilaescura – asasinada en 1936. Tamén nos acompañou Pepe “Carrelo”, da súa familia.

Montse Fajardo está a facer un traballo sobre persoas represaliadas polo Franquismo no que incluirá a historia de María Vázquez Suárez.

Poñémosvos neste post unha serie de datos curiosos e fotografías. Para ampliar información, consultade a entrada sobre María neste blogue (aquí), cunha ligazón a un artigo de Juan Sobrino Ceballos, e agardemos tamén ao traballo de Montse Fajardo, a quen damos as grazas por vir e interesarse por unha das nosas mulleres máis senlleiras.

A familia Vázquez-Suárez.

María Víctoria contounos que súa nai, Victoria, moi achegada a María, sentira a súa morte coma a dunha filla. Berrara desesperada porque a asasinaran: “Non o merecía!”. Sempre se laiaba Victoria que fora unha morte inxusta e sempre lembraba a grandísima calidade humana de María Vázquez Suárez, tan amiga dela – ademais de familiar – que se propuxera afillar á criatura que Victoria alumbraría.

María Victoria naceu en 1928, así que lembra pouco a María, pero lembra que a foran ver a Pobra do Caramiñal, onde ela estivera de mestra, e tamén a Miño. Ademais, María viña todos os veráns a Vilaescura, á casa familiar, onde – lembra María Victoria – facía traballos de bordado fermosísimos. Precisamente, lembra María Victoria que lles cosía uniformes para as súas alumnas e que os facía sen “distinción de clase”. A María Victoria tamén lle cosía uns fermosos vestidos nos veráns de Vilaescura.

2014-11-05 18.01.54

Finca e casa da familia Vázquez-Suárez en Vilaescura.

A familia de María non ía a misa en Miño, porque seica non “estaban moi ben co cura”, que despois a denunciou.

O pouco tempo que estivo no cárcere non a puido visitar a familia. Lembra María Victoria que cando a asasinaron, María tiña a menstrución e que o pai, Joaquín, gardara os panos que ela usara. El tiña gardados todos os recordos da súa filla e unha bandeira republicana. María Victoria conserva revistas pedagóxicas do ano 1926 e 1927 que María encuadernara.

2014-11-05 17.36.05 2014-11-05 17.27.50

Do pai de María, Joaquín, que veu a Vilaescura en 1941, lémbranos o “Carrelo” que era “moi de esquerdas”, igual que un sobriño seu, a diferencia dunha irmá e unha sobriña, que eran “moi de dereitas”. A familia era de dereitas e axudou a agochar xente “socialista” durante a guerra. Precisamente, o pai de Carrelo tivo agochado nun ciprés a un mozo “socialista”. A nai de María Victoria tamén agochou a un mozo no faiado.

Naquel tempo da guerra “non se sabía quen ía gañar”. Había un comandante que dicía: “Non vos metades en nada, que non sei eu quen vai gañar”.

En Vilaescura mataron a varias persoas. Os falanxistas viñeron “nun tractor”, estaban “organizados”. Xusto despois do golpe a xente “socialista” requisara armas nas casas. E houbera uns rapaces de 16 anos que roubaran os badais das campás da igrexa. A muller á que pediran a chave, Remedios, non os quixo denunciar: “Podédesme matar, pero eu non digo quen foi”. Dicía que se os denunciaba que os matarían.

Sobre o pai de María, lembra o Pepe que el a animou a ir a mitins porque falaba moi ben. Cando ela foi asasinada, o pai pasouno mal e toda a vida que lle quedou gustou da soidade. Ía todas as tardes a unha pequena casoupa que construíu afastada das casas, a ler o xornal e estar só. Pouco antes de morrer fora un tempo á misa, “por cumplir”, e enterrárono no camposanto en Vilaescura, nunha tumba de terra.

2014-11-05 17.44.39

Retrato de María Vázquez.

María Victoria lembra que foi a Pontedeume e viu a lápida de María, que poñía o seu nome, pero que esta desapareceu despois. “Unha guerra é-che o pior do mundo”, di María Victoria.

Xa cando nos imos cóntanos que dicían que as últimas palabras de María antes de morrer foran: “Viva a República!”

2014-11-05 20.45.37

María Vázquez.

Felipe Castillo Gómez, mestre detido

Felipe Castillo Gómez, foi mestre, directivo da UGT, detido sen procesamento xudicial.

[Nomes e Voces]

Era natural de Burgos, de 33 años, vocal da Asociación de Maestros en 1933.

Estuvo detido guberrnativamente no cárcere de Monforte dende o 19/11/1937 hasta o 02/05/1938. O expediente que lle abriron por Responsabilidades Políticas conluíu sen sanción.

Información de J. A. Cardelle.

Eladio Marcos Rodríguez, mestre en Monforte, “Marcos da Abeleda”

Foi mestre represaliado pola súa ideoloxía progresista.

Naceu en 1908 en Doade, fillo de Antonio Marcos Díaz (de Doade) e Nicolasa Rodríguez García (de A Abeleda) [1], que casaran na Abeleda en agosto de 1907 [2]. Ao quedar orfo con tres meses, foi criado pola súa avoa materna (Emilia García) na Abeleda.

Grazas a un tío médico, emigrado a Cuba, que lle enviaba cartos para estudar, rematou bacharelato en Ourense con diploma de mérito.

Marchou a Madrid, onde traballou nun taller de decoración e asistiu á Escuela de Artes y Oficios durante tres meses.

Tras o servizo militar, que fixo en África, pasou un curso intensivo de Maxisterio e fíxose mestre, séndolle asignada a escola de Santa Tegra (Castro Caldelas).

Nas súas clases aplicaba unha ideoloxía progresista, que motivou que tras o golpe militar lle pechasen a escola e o destituíran.

Pola súa experiencia militar en Ceuta como sarxento, chamárono para facer de instructor de reclutas en Ourense, sendo logo destinado a Asturias, onde coñeceu a Fina Priedes, de 17 anos, unha moza que acababa de saír do cárcere e coa que casou rematada a guerra.

Eladio e Fina instalaron unha Academia de ensino xeral en Monforte, que foi pechada por orde gubernativa en 1948, exilándose a Buenos Aires, onde chegaron en 1949 [3].

Sendo mozo, tiña escrito poemas que lle foron publicados en “Vida Gallega”, “La Región” e “Faro de Vigo”. Tamén exerceu como pintor e debuxante, relizando exposicións en 1945. Cultivou predominantemente o retrato, sendo famosos o de Carré Aldao, do Centro Gallego, e o de García Ferreiro, do Centro Orensano.

Retornou a Galicia en 1975, instalándose en Ourense, e Fina pouco despois.

Consigue que o reincorporen no ensino, sendo destinado a Ribadavia e despois a Barbantes.

Xa xubilado, instalouse en Ourense.

Faleceu no seu domicilio en Ourense o 14 de xullo de 2000 [4].

Refª. Bibliográficas:

– NEIRA VILAS, Xosé (1994: páx. 295-302) Memoria da Emigración.

– VILANOVA RODRÍGUEZ, Alberto (1966, II: 1376) Los gallegos en la Argentina.

Refª.Fotográficas:

– Hai un debuxo de Eladio realizado por Xosé Neira Vilas en 1990 en Memoria da Emigración.

Notas:

[1] Registro Civil de Sober, sección 1ª, tomo 85, folio 413, en inscripción practicada por expediente de reconstitución nº 443/1968, por acuerdo de 8 de mayo de 1976. La inscripción original obraba en el mismo Registro, en su sección 1ª, tomo 29, folio 239, que hubo de ser reconstruido por un incendio que afectó a los libros del mismo.

[2] Mención en la inscripción de nacimiento citada, que hace referencia a la inscripción al tomo 7, pág. 18, folio 35, lógicamente del Registro Civil de A Teixeira.

[3] Bibliografía del exilio.

[4] Registro Civil de Ourense, sección 3ª, tomo 00185, página 353.

Captura de pantalla de 2014-10-29 01:11:34 http://www.cervantesvirtual.com/bib/portal/exilio/exilio.pdf

José Carnero Díaz, mestre

José Carnero Díaz, veciño de Sober, foi xulgado en Lugo por rebelión militar “co resultado de sobresemento e a disposición da autoridade gobernativa” [Nomes e Voces].

Do libro 1936. Represión e Alzamento militar na Galiza, de Carlos F. Velasco Souto, páx. 310, tomamos o dato de que era mestre e que foi f acusado de dirixir rexistros en diversos domicilios logo de saber da rebelión militar.

María Jesús Souto Blanco refire o feito, citando a fonte: o BOP 20/10/1936.

Juan Antonio Fernández del Campo, mestre

Sober 1.933Juan Antonio Fernández del Campo, mestre, era directivo da UGT. Foi expedientado. [Fonte: SOUTO BLANCO, MARÍA JESÚS; La represión franquista en la provincia de Lugo.]

A foto é dunha homenaxe tributada a este mestre en Sober, o 8 de xaneiro de 1933, segundo se pode ler na foto escrito a man.

A noticia da homenaxe sae na edición local de La Voz de Galicia, o 1 de xaneiro de 1933, anunciando “un banquete al popular maestro nacional de la aldea de Volmente (sic)” … “por su acendrado republicanismo y por sus gestiones en pro del progreso del pueblo de Sober”, homenaxe tributada por parte da “conjunción republicano-socialista del distrito de Sober”.

Foto da homenaxe: do arquivo familiar de Branca Neves Fernández.

María Vázquez Suárez, mestra asasinada en 1936

13Maruja, como lle chamaba a súa familia, natural de Vilaescura, foi mestra na Pobra do Caramiñal e en Miño dende 1918 ata 1936, ano en que foi asasinada.

María Vázquez Suárez naceu en Santiago en 1895, filla de Joaquín Vázquez (de Vilaescura) e Andrea Suárez. O título de mestra superior acádao en 1913 e en 1918 é nomeada para a escola de nenas da Pobra do Caraminal.  En decembro de 1929 consigue a praza de mestra na escola nº 2 de Miño.

Dende o inicio da súa andaina profesional, interesouse pola formación pedagóxica, recibindo cursos de perfeccionamento na Coruña, e simpatizou co movemento de renovación pedagóxica que se estaba a impulsar pola República.

En Miño é lembrada pola súa actividade solidaria a prol das persoas máis desfavorecidas.

María militou no PSOE, participando en mitins e diversos actos, e foi fundadora da agrupación socialista de Miño en 1933. Estaba, tamén, afiliada a UGT dende 1933 e era socia de agrupacións feministas.

En 1933 María impartiu unha conferencia no local coruñés da Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas.

Contan que foi animada á “vida pública” polo seu pai, Joaquín Vázquez Fernández, militar retirado ascendido a capitán polos seus servizos na guerra de Cuba, que vira na súa filla unha grande oradora e defensora da liberdade.

No momento do golpe militar, María atopábase na Coruña, onde foi detida a inicios de agosto e trasladada ao cárcere de Pontedeume. Alí parece que sufríu tortura e ao seu pai nunca lle deixaron pasar a entregarlle roupa ou comida.

O 14 de agosto foi destituída como mestra.

Na madrugada do 19 de agosto, sacaron a María do cárcere, xunto con outros presos, e foi asasinada nunha praia de Miño. A súa morte non foi rexistrada ata decembro.

Foi acusada entre outras cousas de postular a escola laica e o amor libre, así como de enterrar á súa nai sen rito católico (cando Andrea morreu en 1934, realizáronlle un enterro civil). Ademais, foi tachada de “elemento peligrosísimo”.

Tras a súa morte, Joaquín foi obrigado a abandonar Miño.

[Fontes: testemuños orais, documentos atopados na casa familiar, proxecto nomesevoces.net, artigo de Juan Sobrino Ceballos e Manuel Domínguez Ferro].

foto maría“Que pouco vale unha mestra! Un achegamento á figura de María Vázquez Suárez” é o título do artigo que Juan Sobrino Ceballos e Manuel Domínguez Ferro adicaron a esta muller con raiceiras na parroquia soberina de Vilaescura. Pódese ler no número 18 de Cátedra – Revista eumesa de estudios, que se pode consultar on-line aquí.

3Dende o asasinato de Maruja, o pai, xa con máis de sesenta anos, caeu nunha depresión que o mantivo afastado da sociedade ata a súa morte, salvo polas esporádicas visitas a outros represaliados da comarca, acudindo todas as tardes a un pequeno agocho que acondicionou en Vilaescura, cerca de Penabión, e que é coñecido como a “casiña do capitán”.

P1000473Por detrás da foto que se reproduce arriba Joaquín Vázquez escribiu as seguintes liñas, quizais pensando en que algún día se recoñecería a inxustiza da morte da súa filla e a de tantos mestres e mestras comprometidas na causa da dignidade humana: “Maruja Vázquez Suárez – maestra de Miño – fusilada por los fascistas de Puentedeume el 21 de Agosto de 1936. ¡Cobardes!” 21