Graciano Martínez Romero, suceso violento en 1931

José Antonio Cardelle facilítanos a seguinte información sobre este concelleiro da corporación de 1936, expedientado sen sanción, que reproducimos integramente pola súa precisión.​

Graciano Martínez Romero foi condenado durante a República por posesión de armas e por disparo e lesións.

Aquí coñecemos o seu historial e o suceso violento acontecido en Lobios en 1931.

Continue reading

Daniel Canel González, morto enfermo na cadea no Fuerte de San Cristóbal

Xornaleiro de (posibelmente) Lobios.

Condenado a cadea perpetua por rebelión miliar. Ingresou con 30 anos, solteiro, no Fuerte de San Cristóbal.

Entre xullo e decembro de 1936 estivo no cárcere de Lugo.

Fora condenado en Consello de Guerra en Lugo a 30 anos de reclusión en data que non consta pero que, segundo di J. A. Cardelle, debeu ser o 14 de setembro de 1936, ao coincidir a data de ingreso en San Cristóbal (31 de decembro de 1936) e a de cumprimento de condena (12 de xullo de 1966) con Juan Armesto Álvarez, de Doade, que deberon ser xulgados no mesmo Consello de Guerra.

Morreu enfermo na cadea o 13 ou 14 de setembro de 1940 no Fuerte de San Cristóbal, por colapso cardíaco.

Está enterrado en Berrioplano, Navarra.

Esta información foi aportada por J. A. Cardelle.