Verdade, xustiza, reparación

SAM_2995

Artigo de Xosé Lois García.

Das miñas habituais carreiriñas de sábado, que dou polo Barri Gòtic barcelonés, sorprendeume diante do frontal da Generalitat de Catalunya unha manifestación reivindicativa e para que prevaleza a verdade e a reparación de xustiza, polos que foron asasinados polo franquismo e condenados polo silencio dos neofranquistas. Urxe recompor a memoria daqueles que agardan que a súa dignidade e loita pola liberdade sexa facho flamexante e acenda a lumieira que o fascismo apagou.

SAM_2996

Neste acto había unha espléndida exposición de fotografías de mulleres e homes asasinados que dignifican verdade, xustiza e reparación. Unha exposición, moi apurada e de poucas horas de permanencia, para min moi íntima por varias razóns. Unha delas é que aquí estaban dúas fotografías de dous camaradas e amigos que coñecín na loita colectiva: Salvador Puig Antinch e Moncho Reboiras, tombados pola agresividade do monstro que non os puido engulir nin encubrilos de silencio, e aquí están gozando de lustrosas virtudes.

A segunda e íntima razón é que varios debuxos de “Atila en Galicia” de Castelao estaban reproducidos a rotulador e o título a pé de imaxe en catalán. Os organizadores pensaron ben, Castelao non é un descoñecido en Cataluña. Aquí veu en diversas ocasións como deputado galeguista da II República e aquí viviu no período da guerra civil, 1937-38. Grande alegría ver as imaxes e os textos de Castelao na Plaça de Sant Jaume, mesmo no frontal da Generalitat, lugar onde el foi recibido polos presidentes de Cataluña, Francesc Maciá e Lluis Companys.

SAM_2997

Como música de fondo desta presenza, sonorizaba a praza “Grândula, Vila Morena” de Zeca Afonso. Decateime que hoxe é o 25 de abril, dia da “Revolução dos cravos”. Pois un día redondo polo que significan os asasinados aínda sen reparar, pola dignidade dos pobos en loita contra as ditaduras e pola súa liberdade.

SAM_3000

Amiga e mestra Paula: aquí vai esta testemuña que conxuga co que ti estás reivindicando, con respecto ao rescate da memoria. A que se nega a todas as vítimas que nunca formaran parte do pasado. A dignidade de tantas mulleres e homes, vítimas da irracionalidade ditatorial, non podemos que continúe a impunidade e a negativa da administración con seus silencios. Así que este acto reivindicativo de Barcelona vén a coincidir co que facedes desde Sober polas terras de entre ríos, do sur da provincia de Lugo, co fin de restituír o que se nega: a memoria.

SAM_2998

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s