Germán López González, “Barriolo”, preso

$2157-0002-0001Nado en Sober en 1901.

Foi vocal da Agrupación Socialista (1934) e presidente da UGT do Saviñao, así como integrante da “Sociedade de Trabajadores de la Tierra” en Escairón. Era albanel.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte por medo. Marchou a Santiago de Compostela, onde foi detido o 18 de agosto. Sácano de madrugada xunto con outros para pasealo, pero logrou escapar en Ponte Pedriña. Dende alí, regresou a Escairón, onde fixo un zulo para agocharse.

Foi declarado en rebeldía en causa aberta en 1938. Ao rematar a guerra presentouse ante o Gobernador Civil.

Foi detido o 12 de xullo de 1939 e xulgado en Lugo en 1940 por auxilio á rebelión, sentenciado a 12 anos de prisión, que se reduciu a un ano e un día, saíndo da prisión en liberdade provisional o 26 de agosto de 1940.

Fontes:

– Nomes e Voces.

Memoria histórica Lugo.

Historia de un paseo, de Germán López Quiroga (fillo do represaliado).

-Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. p. 349.

Grazas a Carmen García-Rodeja pola referencia.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s