Amador, atopado morto en Sober, cadáver aparecido en Vilamelle

“A unha muller de Gundivós (Dionisia) matáronlle o irmau, Amador, en Sober.
Matárono lonxe de Sober pero, cando o trouxeron, había un arboledo, ó pasar a carretera que vai para Canabal, por debaixo da Farmacia, que había un arboledo. E había unhas pedras grandes.
Fóramos á feira, naide sabía nada, e había xente alí naquel arboledo e vimos á irmá, a Dionisia, – estaba para dar a luz – que choraba.
Chegamos alí e dixo un falangista:
– Que nadie le toque! – estaba a irmá chorando tirada no chan -. El que la levante va a llevar más leña que un mono!
Non lle puderon botar a man ao cadáver nin a ela, que non lle deixaron tocar. Era un falangista de Sober.
Despois, cortáronlle a punta dos dedos ao cadáver. E non o enterraron, levárono. Desapareceu.
Din que pode estar no cemiterio de Vilamelle.
Coma il había moitos.”

De feito, a mesma fonte contou que xunto a este cadáver apareceu tamén o do “Roseto de Proendos”.

Fonte:

– Testemuños orais.

Grazas aos datos de J. A. Cardelle, pódese deducir que esta persoa á que se refire o relato é Amador Feijoo Rodríguez, cuxo cadáver apareceu en Vilamelle o 28 de agosto de 1936. A súa familia foi represaliada. Constátase que, efectivamente, está enterrado en Vilamelle.

O cadáver que aparece xunto co de Amador podería ser Ramón Rodríguez Fernández, atopado o mesmo día e lugar en Vilamelle. Podería ser da Pena de Proendos, da familia do Roseto.

Dedúcese que alí foron parar os cadáveres despois de ser asasinados en Sober. O día 28 é, efectivamente, día de feira en Sober, como sinala o relato.

Advertisements

One thought on “Amador, atopado morto en Sober, cadáver aparecido en Vilamelle

  1. Pingback: A familia Feijoo Rodríguez de Gundivós, marcada pola persecución do Franquismo (6 vítimas) | Homenaxe ás vítimas do Franquismo en Sober

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s