Eladio Marcos Rodríguez, mestre en Monforte, “Marcos da Abeleda”

Foi mestre represaliado pola súa ideoloxía progresista.

Naceu en 1908 en Doade, fillo de Antonio Marcos Díaz (de Doade) e Nicolasa Rodríguez García (de A Abeleda) [1], que casaran na Abeleda en agosto de 1907 [2]. Ao quedar orfo con tres meses, foi criado pola súa avoa materna (Emilia García) na Abeleda.

Grazas a un tío médico, emigrado a Cuba, que lle enviaba cartos para estudar, rematou bacharelato en Ourense con diploma de mérito.

Marchou a Madrid, onde traballou nun taller de decoración e asistiu á Escuela de Artes y Oficios durante tres meses.

Tras o servizo militar, que fixo en África, pasou un curso intensivo de Maxisterio e fíxose mestre, séndolle asignada a escola de Santa Tegra (Castro Caldelas).

Nas súas clases aplicaba unha ideoloxía progresista, que motivou que tras o golpe militar lle pechasen a escola e o destituíran.

Pola súa experiencia militar en Ceuta como sarxento, chamárono para facer de instructor de reclutas en Ourense, sendo logo destinado a Asturias, onde coñeceu a Fina Priedes, de 17 anos, unha moza que acababa de saír do cárcere e coa que casou rematada a guerra.

Eladio e Fina instalaron unha Academia de ensino xeral en Monforte, que foi pechada por orde gubernativa en 1948, exilándose a Buenos Aires, onde chegaron en 1949 [3].

Sendo mozo, tiña escrito poemas que lle foron publicados en “Vida Gallega”, “La Región” e “Faro de Vigo”. Tamén exerceu como pintor e debuxante, relizando exposicións en 1945. Cultivou predominantemente o retrato, sendo famosos o de Carré Aldao, do Centro Gallego, e o de García Ferreiro, do Centro Orensano.

Retornou a Galicia en 1975, instalándose en Ourense, e Fina pouco despois.

Consigue que o reincorporen no ensino, sendo destinado a Ribadavia e despois a Barbantes.

Xa xubilado, instalouse en Ourense.

Faleceu no seu domicilio en Ourense o 14 de xullo de 2000 [4].

Refª. Bibliográficas:

– NEIRA VILAS, Xosé (1994: páx. 295-302) Memoria da Emigración.

– VILANOVA RODRÍGUEZ, Alberto (1966, II: 1376) Los gallegos en la Argentina.

Refª.Fotográficas:

– Hai un debuxo de Eladio realizado por Xosé Neira Vilas en 1990 en Memoria da Emigración.

Notas:

[1] Registro Civil de Sober, sección 1ª, tomo 85, folio 413, en inscripción practicada por expediente de reconstitución nº 443/1968, por acuerdo de 8 de mayo de 1976. La inscripción original obraba en el mismo Registro, en su sección 1ª, tomo 29, folio 239, que hubo de ser reconstruido por un incendio que afectó a los libros del mismo.

[2] Mención en la inscripción de nacimiento citada, que hace referencia a la inscripción al tomo 7, pág. 18, folio 35, lógicamente del Registro Civil de A Teixeira.

[3] Bibliografía del exilio.

[4] Registro Civil de Ourense, sección 3ª, tomo 00185, página 353.

Captura de pantalla de 2014-10-29 01:11:34 http://www.cervantesvirtual.com/bib/portal/exilio/exilio.pdf

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s